A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

sábado, 21 de maio de 2016

35. Modelado 3D/3D Modelling

Antigamente a representación tridimensional  dun obxecto acadábase mediante o emprego das perspectivas ou de maquetas dos mesmos. A chegada dos ordenadores e de software de debuxo permitiu incrementar as posibilidades de representación coa realización de maquetas virtuais en tres dimensións que unían as vantaxes das maquetas tradicionais en canto a unha boa percepción dos elementos representados, así como a posibilidade de crear perspectivas de todo tipo tanto do interior como do exterior de edificacións, pezas, etc. Nas seguintes imaxes móstranse algúns exemplos sinxelos do emprego desta nova ferramenta.
In the past, three-dimensional representation of an object was obtained by perspective technique or with mockup of itself. When computers and specific software were available, it allowed  improve posibilities of three-dimensional representation, and also was possible for 3D designers joined advantages of virtual mockups and possibilities of made inside and outside perspectives from the same mockups. In the following images we going to show some examples of this tool.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario