A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

Resignación


Antes xa do sol nacer
xungo os bois no pendello,
e falo ao tempo do arado erguer
como se o fixese cara o espello.

Na leira aro fondo
buscando o sustento cotián,
lixo o corpo, súo abondo,
e os sucos abríndose van.

Xa non hai esperanza,
dura é a ida que vou perdendo,
aínda así sigo na labranza
que teño tan só en arrendo,
como esta existencia miserable
que a cegas vou vertendo
ata que o fin, co seu sable,
corte o fío do que pendo, e atope así dunha vez a calma
para a que tanto mérito estou facendo.

Porque domínanme, atado me vexo,
sen remedio abocado
a non ser, nin o reflexo,
a nacer preso e morrer amansado,
medrar con fame e fartarme de traballo,
erguerme dorido e deitarme mallado....

Foi de sempre, non é novo,
o amo sobre todo manda,
e eu pertencente ao pobo
obedezo sen chistar,
se me rifa non me movo
pois se o fago hame pesar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario