A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

A píntega dourada.


Eu quixen beber un día
daquela fontela afastada,
aquela onde vivía
unha píntega dourada.

Era ela, fermoso ser,
a que o manancial gardaba,
e foi so o intre de a ver
que xa non puiden apartar a mirada.

Vin que ela sufría,
vin que ela penaba,
máis naquel intre non sabía
que tanto a desacougaba.

Quixen meus beizos mollar
na auga que a rodeaba,
máis non me deixou probar
como se fose envelenada.

Sei que de ter bebido
non houbese pasado nada,
pois é común e sabido
que pura é a auga na súa morada.

Quizá pensou que o seu pesar,
aquilo que a danaba,
puidese chegar a alcanzar
ao que diante dela estaba.

Eu quixen beber un día,
por se a fontela secaba,
pensou que me protexía,
o certo e que me mataba.

Aquela sede que sentía
quizá nunca sexa saciada,
pero si sei que algún día
ela verá a súa tristura rematada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario