A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

Camiño


Nunca é fácil escoller o camiño axeitado, hai idades na vida na que a incertidume nos abruma, vóltase a única verdade, tornándose nunca negra noite sen estrelas. Cada día é unha nova proba, cada vez máis dura e difícil de superar, e nos estamos sos, tratando de manter unidos os febles fíos dunha vida que se derruba aos poucos. Todo aquelo que un día vivimos e que parecía certo e eterno, esvaeceuse nun intre como o po soprado polo vento. Tan só semella quedar un enorme baleiro que non é posible encher con nada, un abismo cotiá, ao que nos asomamos a diario para mortificarnos e facernos máis dano. Pero tamén e certo que un nunca está perdido de todo, tan só, as máis das veces, desencamiñado, aflixido por unha brétema de pequenos e grandes problemas que nos impiden ser quen somos ante o mundo. É a fe nun mesmo a que nos redime da pena, a que nos permite saír do túnel, a que nos devolve ao lugar ao que pertencemos, a ser queridos e querer  de novo, a ser amigos e ser amantes, a ser fillos netos e pais, a ser muller ou ser home, a ser persoas e non só números. Se ademais obramos con rectitude e con xenerosidade cos demais, non só remendamos os furados da nosa alma, senón que ademais axudaremos a tecer un manto de solidaridade que cobixe  aos nosos semellantes, a nosa vida será desta forma alento e guía para outras persoas, todos eles, eslavóns desa longa cadea chamada humanidade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario