Here you can see descriptions of some interesting books property of island people and preserved in the lighthouse´s library, or recommended for the occasional travelers who arrives to our coast.
Time to die. Wilbur Smith.
This novel speak about the situation of south of Africa where the rich people enjoy of the opportunities of business and tourism while the inhabitants fight and die every day to survive.
(English)
_________________________________________________________________
Neste apartado aparecen aqueles libros que se foron gardando na biblioteca do faro, ben polos moradores da illa, ou ben aqueles que se intercambiaron cos ocasionais viaxeiros e que eles mesmos comentaron.
Carrilanos os túneles dun tempo. Rafael Cid.
Este libro conta as dificultades que supuxo a construcción da liña ferroviaria que conectaba Madrid con Galicia, especialmente nos tramos galegos onde a orografía, e unha case absoluta falta de medios nunha época convulsa fixeron desta unha labor cáseque imposible. Só o tesón e o sacrificio de moita xente, que en moitos casos puxo a súa propia vida nelo, fixeron posible que se materializase esta infraestrutura. Esta é a súa historia.
Madeline perde o seu prometido nun accidente, a súa avoa para axudala dalle un agasallo especial: unha viaxe á Toscana. Emotivo estilo e coidada documentación para transportarnos á Italia do século XIV para contarnos a lenda, a procedencia da protagonista e o que perdura a pesares do paso do tempo.
Ela, maldita alma. Manuel Rivas.
Relatos sobre as formas e os lugares da alma: unha guitarra, unha barra de pan, un loro… Reflicte a mirada sensible do autor cara o que ten arredor.
El Evangelio según Jesucristo. José Saramago.
Visión mundana da vida de Xesús: nacemento, interrogatorios a súa nai, anxos e demos, o amor de María de Magdala, o sentido da súa existencia…
Galicia mártir. Atila en Galicia. Milicianos. Estampas por Castelao.
Os tres álbumes denuncian e educan contra o fascismo. Debuxos censurados ou mantidos no esquecemento, recollen as vivencias dun tempo de morte, desterro, vulneración de dereitos…
O Nome da Rosa. Umberto Eco.
Tras os muros que encerran o saber e o recollemento dunha congregación relixiosa tamben poden chegar a ocultarse pasións humanas que rompen a harmonía da vida monacal e que poñen en perigo non só a existencia persoal, senón os mesmos alicerces da fe. Unha investigación tratará de resolver os misterios que se ocultan na abadía cun tempo límite e unhas consecuencias inesperadas.
A Nosa Cinza. Xavier Alcalá.
Neste libro combínase o despertar dun rapaz do mundo rural galego a todo o que lle rodea, no paso da infancia á adolescencia, nuns anos de postguerra difíciles. O "privilexiado" da posición social na que vive non supón que non poda estar en contacto e participar dunha realidade adormecedora chea de temores pero tamén rica en personaxes dos que se pode quitar unha boa lección de vida.
As palabras da néboa. Francisco Castro.
Novela sobre a liberdade, os soños, as persoas, os pobos, o dereito a utopía… Todo elo lévanos á maxia das palabras, os libros prohibidos e unha revolta campesiña na Galicia do século XVI.
El Principito. Antoine de Saint-Exupéry.
As veces ten que vir alguén de fóra para que deixemos de pensar e facer as cousas tal e como adoitamos facelas. Unha ollada limpa e inocente, curiosa e inconformista axudaranos a ver o mundo dunha forma distinta, e tamén facernos a nos mesmos preguntas que nunca tiñamos imaxinado, permitíndonos descubrir camiños onde só había escuridade.
Luna de Lobos. Julio Llamazares.
A vida tras a guerra vista dende a óptica daqueles que a perderon e para os cales só quedan dúas opcións renderse ou fuxir. Un libro no que se retratan máis que as ideoloxías dos protagonistas o seu afán por sobrevivir nuns tempos en que o reloxio corre na súa contra.
Madame Bovary. Gustave Flaubert.
Unha historia de adulterio que logra converterse nunha análise da humanidade, da monotonía e a vida burguesa, do conflito entre o ideal e o real… Emma atrapada nun matrimonio insípido, busca sensacións e emocións nos seus amantes, as súas profundas e amargas decepcións lévana finalmente ó suicidio.
Mecanoescrito da segunda orixe. Manuel de Pedrolo.
A vida de Alba e Didac cambia de súpeto tras un suceso dramático que fará que a vida na terra xa non sexa o mesmo. Aprender a sobrevivir será a partires de ese momento o único que importa, arduo traballo para unha moza adolescente e un neno que afrontan un novo comenzo para un futuro que se ha de escribir dende cero.
Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas.
Balbino é un rapaz da aldea… O neno labrego ten unha familia pobre o que lle fai vivir unha serie de acontecementos que plasmará nun caderno. Pícaro e valente pensa moito no mundo e o reflicte nos episodios da súa vida labrega.
¿Qué me queres, amor?. Manuel Rivas.
Relatos dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. A interpretación lírica do autor amosa os soños, os sentimentos, a vida…
Son de mar. Manuel Vicent.
Novela de amor, de naufraxios, retornos… O protagonista da novela é un náufrago que regresa despois de dez anos nos que se lle daba por morto. Ulises Adsuara deixa a súa muller Martina e o seu fillo sos e reaparece cando ela está casada con Alberto. A historia de amor volve a xurdir entre os amantes reencontrados desencadeando un escuro final.
Tiempo de Morir. Wilbur Smith.
Nesta novela de acción retrátase ben, aínda que non sexa en profundidade, a realidade que vive o continente africano dende hai décadas, onde sen superarse aínda as feridas do colonialismo europeo xorden novos problemas que enchen aos seus habitantres de padecementos, en tanto esto se contrapón cos actos das xentes pudientes chegadas de outros países que tan só ven neste descoñecido continente unha oportunidade de negocio ou de lecer a costa dos seus recursos e das súas xentes.
La vida después. Marta Rivera de
Unha viaxe polos sentimentos, onde xorden os conflitos, as envexas… o agarimo, a lealdade, o amor… Unha historia tenra sobre as relacións entre mulleres e homes, vidas entrelazadas e acontecementos imprevistos.
Vivir para contarla. Gabriel García Márquez.
Novela dunha vida, a do autor, memoria dos seus anos de infancia e xuventude, o que daría lugar o imaxinario de moitos dos seus relatos e novelas.
En este apartado aparecen aquellos libros que se fueron guardando en la biblioteca del faro, bien por los moradores de la isla, o bien aquellos que se intercambiaron con los ocasionales viajeros y que ellos mismos comentaron.
Carrilanos los túneles de un tiempo. Rafael Cid.
Este libro cuenta las dificultades que supuso la construcción de la línea ferroviaria que conectaba Madrid con Galicia, especialmente en los tramos gallegos donde la orografía, y una casi absoluta falta de medios en una época convulsa hicieron de esta una labor casi imposible. Solo el tesón y el sacrificio de mucha gente, que en muchos casos puso su propia vida en ello, hicieron posible que se materializase esta infraestructura. Esta es su historia.
Madeline pierde a su prometido en un accidente, su abuela para ayudarla le da un regalo especial: un viaje a la Toscana. Emotivo estilo e cuidada documentación para transportarnos a la Italia del siglo XIV para contarnos la leyenda, la procedencia de la protagonista es lo que perdura a pesar del paso del tempo.
Ela, maldita alma. Manuel Rivas.
Relatos sobre las formas y los lugares del alma: una guitarra, una barra de pan, un loro… Refleja la mirada sensible del autor hacia lo que le rodea.
El Evangelio según Jesucristo. José Saramago.
Visión mundana de la vida de Jesús: nacimiento, interrogatorios a su madre, ángeles y demonios, el amor de María de Magdalena, el sentido de su existencia…
Galicia mártir. Atila en Galicia. Milicianos. Estampas por Castelao.
Los tres álbumes denuncian y educan contra el fascismo. Dibujos censurados o mantenidos nen el olvido, recogen las vivencias de un tiempo de muerte, destierro, vulneración de derechos…
El Nombre le la Rosa. Umberto Eco.
Tras los muros que encierran el saber y el recogimiento de una congregación religiosa también pueden llegar a ocultarse pasiones humanas que rompen la armonía de la vida monacal y que ponen en riesgo no solo la existencia personal, sino los mismos cimientos de la fe. Una investigación tratará de resolver los misterios que se ocultan en la abadía con un tiempo límite y unas consecuencias inesperadas.
A Nosa Cinza (Nuestra Ceniza). Xavier Alcalá.
E este libro se combina el despertar de un niño del mundo rural gallego a todo lo que lle rodea, en el paso de la infancia a la adolescencia, en unos años an de posguerra difíciles. Lo "privilegiado" de la posición social en la que vive non supone que non pueda estar en contacto y participar de una realidad adormecedora llena de temores pero también rica en personajes de los que se puede quitar una buena lección de vida.
El Principito. Antoine de Saint-Exupéry.
A veces tiene que venir alguien de fuera para que dejemos de pensar e hacer las cosas tal e como acostumbramos a hacerlas. Una mirada limpia e inocente, curiosa e inconformista nos ayudará a ver el mundo de una forma distinta, y también que nos hagamos a nosotros mismos preguntas que nunca habríamos imaginado, permitiéndonos descubrir caminos donde solo había oscuridad.
Luna de Lobos. Julio Llamazares.
La vida tras la guerra vista desde la óptica de aquellos que la perdieron y para los cuales solo quedan dos opciones rendirse o huir. Un libro en el que se retratan más que las ideologías de los protagonistas su afán por sobrevivir en unos tiempos en que e reloj corre en su contra.
Mecanoescrito del segundo origen. Manuel de Pedrolo.
La vida de Alba y Didac cambia de repente tras un suceso dramático que hará que la vida en la tierra ya non sea lo mismo. Aprender a sobrevivir será a partir de ese momento lo único que importa, arduo trabajo para una chica adolescente y un niño que afrontan un nuevo comienzo para un futuro que se ha de escribir desde cero.
Tiempo de Morir. Wilbur Smith.
En esta novela de acción se retrata bien, aunque non sea en profundidad, la realidad que vive el continente africano desde hace décadas, donde sin superarse aún las heridas del colonialismo europeo surgen nuevos problemas que llenan a sus habitantes de padecimientos, en tanto esto se contrapone con los actos de las gentes pudientes llegadas de otros países que tan solo ven en este desconocido continente una oportunidad de negocio o de diversión a costa de sus recursos y de sus gentes.
(Castellano)
_________________________________________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario