A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

sábado, 7 de maio de 2016

34. Cabo Prior/Prior Cape

Alá, onde foron construidas as defensas costeiras de Cabo Prior, a día de hoxe tan só permanece inmobil o faro no medio do zoante vento. Ao seu redor como os osos dun exercito vencido espállanse as ruínas das instalacións erixidas polos homes e destruídas polo paso do tempo. Estraña e marabillosa escea de posta de sol dende os cantís que sofren e conteñen os impetus do bravo mar.
There, where was built the coastal defense of Prior Cape, nowadays only stands the inmobile lighthouse in the middle of a violent wind. Surrounding it, like bones of a defeated army there are ruins of structures raised by men and  destroyed by passing of time. This is a strange and marvelous scene of a sunset on the cliffs which suffer and hold back the force of the stormy sea.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario