A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

sábado, 16 de maio de 2015

29. O Cabo Roncudo/Roncudo Cape

Neste lugar onde a terra se rinde ás embestidas do fero Atlantico e o vento é señor de tódalas cousas, ergueron os homes a atalaia  para salvagardar aos vivos e as cruces para lembrar aos mortos. Uns e outros sempre nas mans dos designios dun caprichoso Poseidón, que unhas veces proporciona o sustento e noutras máis sombrías reclama un cruel pago.

In this place, where  land surrenders to assaults of wild Atlantic and wind is the lord of everything, men built a watchtower for save alive people and crosses for those that have died. Both always in hands of a capricious Poseidon, who in some times gives support but in others, darkest,  demands his tribute.









Ningún comentario:

Publicar un comentario