A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

xoves, 6 de marzo de 2014

19. Dous portos onde refuxiarse durante a travesía do día a día.

Hoxe permitideme que o fareiro de Illa Alba se manifeste en primeira persoa, sen que sirva de precedente, para recomendarvos dous destinos de moito interese para el, cando ocasionalmente decide abandoar as súas tarefas cotiáns e visitar outros lugares de refuxio que no inmenso do ciberespacio se atopan.

En primeiro lugar é preciso mencionar a Criando malvas...... e herba de namorar (http://criandomalvaseherbadenamorar.blogspot.com.es/) espazo adicado aos sentimentos, a arte terapia sen pretensións, á búsqueda tanto dun mesmo como do encaixe no mundo, a través da expresión coas palabras, coa imaxe, cos materiais que se converten en presentes de esperanza compartida...., todo un mundo por descubrir da man de Anibia de Oca, incansable lectora e viaxeira que nos achega con palabras amables e agarimosas a esa cita que temos con nos mesmos, onde nos contemplamos tal como somos coas nosas penas e alegrías, coas nosas esperanzas e os nosos medos, pero sempre dende a seguridade e a compaña dunha persoa excepcional, incansable buscadora do coñecemento e de respostas,  comprometida e cunha actitude inconformista ante as inxustizas.

En segundo lugar, está o espazo dun excelente xornalista que é Nacho Mirás (http://www.rabudo.com/), que nos mostra nos seus escritos a través do seu testimonio persoal, a convivencia cotiá coa súa doenza, contada en primeira persoa, pero poñendo voz a un gran número de persoas que a diario teñen relación con esta situación, ben como pacientes, familiares, ou persoal sanitario, e que contribúe co bo oficio do autor, a borrar inxustos e absurdos estigmas do pasado, ao tempo que nos ilustra con excelentes e curiosos artigos sobre temas moi variados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario