A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

xoves, 30 de xuño de 2016

36. Praia das Furnas/Beach of Caves

Esta praia é tristemente famosa en España polo accidente que tivo nela Ramón Sampedro cando ía nadar, onde resultou gravemente ferido. Este cidadán galego foi inmortalizado na película Mar Adentro de Alejandro Amenabar. 
A praia é moi fermosa e salvaxe, ideal para pasear pero perigosa para o baño. Localízase no concello de Porto do Son.
Sadly this beach is famous in Spain by the accident of Ramón Sampedro when he jumped into the water from a cliff, in that moment he was wounded and after that he  couldn't move his limbs. This galician citizen was immortalized in the film the Sea Inside, which was directed by Alejandro Amenabar.
The beach is very beautiful and wild, it´s  suitable to walk but very dangerous to swim. It´s situated in Porto do Son, in the north-west of Spain.