A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

sábado, 11 de outubro de 2014

26. Igrexa de san Domingos de Bonaval e a exposición On the road.

Estas imaxes recollen parte da exposición denominada On the road, que se realiza en diversos puntos de Santiago de Compostela entre eles na igrexa de san Domingos de Bonaval. A construción baleira é o telón de fondo perfecto para unha mostra de arte moderno, onde a pedra e o vidro, a luz e as sombras, a escuridade e a cor producen unha interesnte percepción para os sentidos.

These pictures shows the art exposition called On the Road in Santiago de Compostela, inside san Domingos de Bonaval church. An empty construction is the perfect place for a modern art composition, stone and glass, light and shadow, darkness and colour, it´s an unique and interesting percepcion for your senses.