A day in the sea, far away from home a little island is in the horizon.

Land to discover. Place with a small number of habitants but who is waiting for new visitors every day.

Breathe the clean air in the beach, see the blue sky over you head, walk slowly to the lighthouse, and there, take a book in the library and enjoy the moment of calm near the sea.

A beautiful sunset when the day is over is the best gift for the traveler, Alba Island is now in you for ever.

_____________________________________________

A procura dun lugar refuxio onde soñar, desconectar… albiscamos unha illa branca e refulxente como a aurora. É a nosa Illa Alba, hai outras illas, algunha do mesmo nome, todas elas custodian segredos e artellan historias.

Lugar encantado que agarda despois de longa travesía. Percorremos ducias de millas imaxinarias antes de chegar, as rachas de forte vento fixéronnos varar na praia. As ondas seguían chegando a area, moldeando os nosos corpos para fundilos e convertelos nun elemento máis.

Bancos de néboa cubrían a superficie. O faro presidía dende o cumio a escea proxectando a súa brilante luz. A súa presenza espertou en nós a curiosidade e a necesidade de calor. Camiñamos cara a construción milenaria que guiaba os nosos pasos para ofrecernos o que imos compartir.

Aquí facemos mención de algúns dos libros que alí foron deixando os seus habitantes, de variada procedencia. Tamén o escrito polas persoas que moraron ou pasaron pola illa para logo seguir outro rumbo. Se chega algunha botella ou pomba con mensaxe nós arquivámolo na biblioteca da Illa dos Sentimentos, Alba.

Translate

venres, 30 de marzo de 2018

38. Luarca


Luarca é unha fermosa vila situada no Principado de Asturias, na zona norte de España. A poboación aséntase sobre as abas dos acantilados que delimitan a estreita desembocadura do Río Negro no Mar Cantábrico. Esta vila asturiana está chea de interesantes edificacións e espazos, como o antigo barrio de pescadores, o cemiterio ou a Ermida de Nosa Señora A Branca. As vistas tanto da propia poboación como dos seus arredores dende puntos elevados son espectaculares. É unha magnífica elección para unha escapada de fin de semana.

Luarca is a beautiful town located in the Principality of Asturias, in the north of Spain. The town was built on the sides of the cliffs  which enclose the narrow mouth of the Black River on the Cantabrian Sea. This Asturian town is plenty of interesting buildings and spaces to visit like the old fisherman´s quarter, the cemetery or  the hermitage of Nuestra Señora La Blanca. The views from the town itself and the surrounding areas from elevated points are awesome. It´s a magnificent choice for a weekend getaway.



















xoves, 1 de setembro de 2016

37. IllasCíes/Cíes Islands

O mellor de visitar un paraiso como as Illas Cíes é facelo en boa compaña, percorrer os seus camiños visitando faros e cúmios, nadar nas súas limpas augas, e ao final voltar coa agradable sensación de ter vivido un día irrepetible.

The best of visit a paradise like Cíes Islands is do it with a good companion, walking its roads, seeing its lighthouses,  climbing its peaks, or swimming in its clean waters, and in the end of the day come back home with the nice sensation of  have enjoyed an unrepeatable day.





















xoves, 30 de xuño de 2016

36. Praia das Furnas/Beach of Caves

Esta praia é tristemente famosa en España polo accidente que tivo nela Ramón Sampedro cando ía nadar, onde resultou gravemente ferido. Este cidadán galego foi inmortalizado na película Mar Adentro de Alejandro Amenabar. 
A praia é moi fermosa e salvaxe, ideal para pasear pero perigosa para o baño. Localízase no concello de Porto do Son.
Sadly this beach is famous in Spain by the accident of Ramón Sampedro when he jumped into the water from a cliff, in that moment he was wounded and after that he  couldn't move his limbs. This galician citizen was immortalized in the film the Sea Inside, which was directed by Alejandro Amenabar.
The beach is very beautiful and wild, it´s  suitable to walk but very dangerous to swim. It´s situated in Porto do Son, in the north-west of Spain.